Friday 17 de May de 2024

Cariño abre o proceso de contratación de 2 técnicos para atender o punto de atención turística


O prazo para presentar as instancias estará aberto desde mañá e finalizará o próximo 18 de maio.

Ademais, o BOP publica hoxe a adxudicación aos concellos do importe da Rede Cultural pola que Cariño recibirá 32.727,75 euros, sendo un dos municipios con maior orzamento asignado.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe, martes 4 de maio, as bases do proceso de contratación de 2 técnicos/as para atender o punto de atención turística do Concello de Cariño, que se financian a través do programa da Deputación dá Coruña para sufragar o gasto neste tipo de servizos.
O prazo para presentar as instancias estará aberto desde mañá, mércores 5 de maio, e finalizará o próximo 18 de maio. Os interesados ou interesadas en participar no proceso poden enviar as súas solicitudes a través do Rexistro Xeral ou tamén por sede electrónica.
As funcións das persoas seleccionadas serán as de atención ao público para dar resposta á información turística demandada, a preparación de material, colaboración no deseño e elaboración da sección turística da web e redes sociais municipais e tamén na estratexia turística sobre a candidatura do proxecto de Xeoparque de Cabo Ortegal.
Rede Cultural 2021
O BOP tamén publica hoxe a resolución definitiva da adxudicación aos concellos do importe definitivo para a Rede Cultural 2021. O Concello de Cariño contará cunha ampla programación cultural para a que recibirá 32.727,75 euros do programa provincial, sendo un dos municipios con maior orzamento asignado.
Entre a programación solicitada inclúense propostas de teatro, danza, maxia, cinema, música…